ACTIVIDADES INFANTÍS DE VERÁN 2019

actividadesveran2019

Comezan as vacacións dos/as máis cativos/as e con elas as Actividades Infantís de Verán!!

Como novidade, este ano as Actividades Infantís de Verán (que constan de Ludoteca e Campamento) terán unha maior duración no tempo e darán cobertura a meirande parte do mes de xullo e a metade de agosto.

As actividades terán como obxectivo a diversión e o ocio dos/as participantes, pero tamén a educación e a transmisión de valores sociais importantes (a igualdade, o respecto ao medio ambiente, o traballo en equipo, compañerismo, etc.). 
Haberá xogos ao aire libre, festas temáticas, xincanas, saídas á piscina, excursións, deportes, etc.

O prazo de inscrición para as actividades está aberto dende hoxe, 19 de xuño!

Anótate no CIM do Concello de Viana do Bolo.