DÍA DO ORGULLO LGTBI

DIALGTBI 

Con motivo da celebración o 28 de xuño do Día do Orgullo LGTBI, o Concello de Viana do Bolo e o Centro de Información á Muller (CIM) organizan actividades para conmemorar este día e promover entre a veciñanza vianesa a aceptación da diversidade sexual e a non discriminación. 

O programa comeza co obradoiro "Diversidade sexual na adolescencia", dirixido a parte do alumnado do IES Carlos Casares. A actividade estará impartida pola escritora xuvenil galega Eli Ríos, quen a partir da súa novela "Dx" abordará temas como a diversidade sexual, as relacións consensuadas e o amor na adolescencia... desmentindo e "botando por terra" estereotipos e prexuízos de xénero. 

Para o domingo 23 de xuño contamos coa representación teatral "Elisa e Marcela", que narra a historia de dúas mulleres galegas que se converteron no primeiro matrimonio de persoas do mesmo sexo acontecido en España. A historia, cargada de humor, invítanos a reflexionar sobre os avances acontecidos en torno á aceptación da diversidade de xénero, pero tamén do moito que aínda queda por facer... 

Esperamos a vosa participación!!