"VIANA CONTRA O MACHISMO" (Campaña a prol da igualdade de xénero)

viananonmachismo 

O Concello de Viana do Bolo, a través do seu Centro de Información á Muller (CIM), e dentro das medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las cortes e Igualdad, ten previsto levar a cabo durante este mes de xuño a campaña “VIANA CONTRA O MACHISMO”, que busca promover a igualdade entre a veciñanza vianesa

Durante a campaña terán lugar dous obradoiros de sensibilización en igualdade nos centro educativos de primaria e secundaria que chegaran a máis de 100 menores do noso concello.

Ademais, durante todo o mes de xuño terá lugar o reparto de material da campaña “VIANA CONTRA O MACHISMO”. Chapas co logo da campaña e dípticos informativos nos que o obxectivo e implicar a toda a veciñanza vianesa na loita contra o machismo e a violencia machista.

Porque combater o machismo e a violencia machista é cousa de TODAS e TODOS e así o queremos deixar claro durante toda a campaña e durante todo o ano.