CONTINUACIÓN PROGRAMACIÓN LETRAS GALEGAS 2019

presentacionmercedespeon

mercedespeon2

ghop1

E continuamos coas actividades programadas para esta semana en Viana do Bolo con motivo das Letras Galegas

O venres 17 de maio terá lugar a entrega de Premios do “Concurso de Relatos Curtos” que este ano celebra a súa segunda edición e no que participan ao redor de 50 nenos e nenas do noso concello.

Tras a entrega de premios terá lugar a actuación de Ghop! Un espectáculo de variedadesdirixido a un público familiar no que se mestura circo de rúa, maxia, monicreques, baile e música... e sobre todo moita diversión.

As actividades desta xornada terán lugar na Praza Maior.

O sábado 18 de maio é o turno de Mercedes Peón, que trae ata Viana o seu novo disco “Deixaas” . Un disco que se situou entre as catro propostas que optaron ao premio de mellor traballo europeo outorgado pola revista británica Songlines. Deixaas, o quinto disco de Mercedes Peón e un auténtico tratado de vangardismo de raíz.

Esperámosvos!!