PRESENTACIÓN DO LIBRO "RETRINCOS DO MEU SER" DE NIEVES FERNÁNDEZ VIDUEIRA

retrincosnieves

O sábado 27 de abril terá lugar, no Salón de Plenos do Concello, a presentación do primeiro libro de poemas da nosa veciña Nieves Fernández Fernández.

Pola tarde, con anterioridade a esta presentación, terá lugar na Praza Maior de Viana do Bolo a IV Feira do Libro e Libro de Ocasión e a representación músico- teatral "4 monos". Nesta 4ª edición a solidariedade será a protagonista da Feira xa que colaborarán nas actividades a Cruz Vermella e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Non faltedes a esta cita onde os libros serán os protagonistas!