EXPOSICIÓN "DOUCHE A GALBANA"- DENDE O PICO DAS BOUZAS DE NIEVES FERNÁNDEZ VIDUEIRA

ex2019

 

fotoexpo1

 

fotoexpo2

 

O vindeiro xoves 28 de marzo ás 20h terá lugar a inauguración, na Sala de Exposición do Concello de Viana, da Exposición de traxes "DOUCHE A GALBANA" realizada por Nieves Fernández Vidueira. Nieves, veciña de Quintela do Pando, é coñecida e recoñecida polos seus veciños e veciñas coma unha muller polifacética. Gandeira, poetisa e escultora entre outras moitas cousas, Nieves é capaz coa súa gran imaxinación e talento de facer auténticas obras de arte con todo o que a rodea (madeira, paus, flores, plantas, etc.)

A exposición estará aberta os días laborables en horario de 10 a 14 e os días 6 e 7 de abril e do 13 ao 21 de abril en horario de 18 a 20h.

Non a podedes perder!