INAUGURACIÓN SALA DE EXPOSICIÓN: MOSTRA DE CARTEIS DE ENTROIDO

expocarteis

O vindeiro luns 25 de febreiro ás 19h terá lugar a inauguración da nova Sala de Exposicións ubicada na Casa do Concello.

O acto terá lugar ás 19h e nel ubicarase unha Mostra de Carteis de Entroido que permanecerá aberta en horario de 17 a 19 h durante todo o Entroido.
 
O evento contará coa proxección de 2 curtas documentais sobre o noso Entroido "Boteiro"  e "Bombos e Bombeiros" (contando para estas proxeccións coa colaboración do Cine- Clube A Lanterna).
 
Esperámosvos!!