ACTIVIDADES DE NADAL: 20-21-22 e 23 de decembro

Achégase o Nadal, unha época chea de maxia e diversión para os/as máis cativos/as da casa. Dende o Concello de Viana do Bolo temos preparadas multitude de actividades para facer deste un Nadal inesquecible.

Comezamos esta semana cunha axenda cargada de actividades dende o xoves ata o domingo:

Así, o xoves 20 de decembro chega ata Viana o espectáculo “Dúas picariñas ourensás”, no que se unen tres referentes da literatura e da música galega. Senén Vaamonde e Alfredo e Manuel, músicos da formación A Roda, ofrecen un concerto didáctico que inclúe panxoliñas e outros poemas de Pura e Dora Vázquez musicados no seu día por Suso Vaamonde. A actividade terá lugar ás 17:00h na Casa da Cultura.

Continuamos co Obradoiros de Doces de Chocolate que terá lugar o venres 21 ás 16:30 h no Concello Vello e que fará as delicias de tódolos/as participantes.

O sábado 22 de decembro terá lugar o espectáculo de música e narración oral “Antía Wamba e o regato pequeno” a cargo da afamada compañía de teatro A Tropa de Trapo, que volve cun novo espectáculo de narración oral e musical no que se nos narra unha fermosa historia onde os protagonistas son Antía, unha nena galega e Wamba un rapaz do Congo. Unha historia para toda a familia na que valores coma o respecto e a solidariedade son os protagonistas.

Para rematar a semana, o domingo 23 de decembro celebraremos unha Gran Festa de Nadal, a partir das 17:00 h no Pavillón Deportivo Municipal. A Festa contará con xogos, música, pintacaras, etc. ... e como ven sendo costume dende vai uns anos, a Festa contará coa presenza do Apalpador e Papá Noel, quenes recollerán as cartas de Nadal e atenderán aos desexos dos/as pequenos/as que se acheguen.

 

PICARIAS 

tropadetrapo