PROXECCIÓN DOCUMENTAL POLO DÍA DA MULLER RURAL

 
 
 
 
 
 
MULLERRURAL2018
 
Recordámosvos que hoxe terá lugar a última das actividades programadas para celebrar o Día da Muller Rural, unha interesante proxección documental que nos achega ao día a día das mulleres rurais galegas, que levan toda a vida traballando e loitando.
Trátase dunha pequena homenaxe para visibilizar a súa labor e o seu esforzo en prol dun rural mellor.
Ao remate haberá unha degustación de pinchos para o público asistente.