III CICLO DE OUTONO TEATRAL

TEATROOUTONO2018 

O vindeiro sábado 6 de outubro dará comezo 3ª edición do Ciclo de Outono Teatral. 

Para a 1ª xornada do Ciclo contaremos coa representación de "Duncan de Palleiro" de Lila Teatro. A obra, dirixida a un público familiar, narra o día a día dun can moi especial que pertence a esa raza mítica, lexendaria e con máis prestixio de todas, a de Palleiro.

Para a 2ª achégase a Viana a compañía Sarabela Teatro coa súa obra "Normas para saber vivir na sociedade actual". Unha representación que baixo a forma dun divertimento irónico, cómico e en apariencia lixeiro esconde a crítica feroz a unha sociedade que, coas súas normas e a súa hipocresía, fai imposible a sinceridade.