MERCADILLO FESTA DOS ANOS 80

MERCADILLO80 

Se queres participar no tradicional "mercadillo de oportunidades" organizado durante a Festa dos anos 80.

Ponte en contacto co Concello de Viana do Bolo e reserva xa o teu "stand".

Roupa, calzado, manualidades, libros, CDs musicais, artigos de segunda man, ... todo o que se che ocorra ten cabida neste "mercadillo" que se celebrará o martes 14 de agosto na Praza Maior de Viana do Bolo. 

Os teléfonos de contacto para facer a reserva son: 988 329 260 e 638 847 602