PROGRAMACIÓN 1 E 2 DE NOVEMBRO

SAMAIN2019 

rosacaramelo 

bigfish 

magosto2019 

Durante esta ponte de novembro hai moito que facer en Viana do Bolo!! 

Comezamos hoxe mesmo cunha terrorífica exposición de cabazas de Samaín elaboradas polo alumnado do CEIP Bibei.

Mañá 1 de novembro teatro familiar con "Rosa Caramelo" e a súa historia de loita pola liberdade e a igualdade.

O sábado 2 de novembro proxección do fermoso filme "Big Fish" da man do Cine- Clube A Lanterna e para rematar a xornada celebración do Magosto popular a partir das 20:30h no Campo da feira, onde haberá bullotes, bolos preñados, bica etc. , música, sorteos e moita diversión.