IV CICLO DE OUTONO TEATRAL

ivciclooutono 

foto1ciclo 

casaorei  

 running 

hanselygretel 

 

O Concello de Viana do Bolo organiza durante o mes de outubro a súa IV Edición do Ciclo de Outono Teatral.

Un evento que este ano contará con tres importantes e recoñecidas representacións teatrais para tódolos gustos e idades:

Comeza este IV Ciclo de Outono o domingo 13 de outubro coa obra “CASA O REI” de Santiago Cortegoso, quen propón un xogo escénico e dramatúrxico baseado na obra “Rei Lear” de W. Shakespeare, pero ambientado nunha típica casa de comidas galega.

A obra conta con numerosos premios (ex. Mellor Montaxe no Certame de Teatro Garnacha de Rioja, Mellor Actor Protagonista e Mellor Música Orixinal nos Premios María Casares, etc.) e cun elenco de actores con recoñecido prestixio.

A segunda xornada terá lugar o sábado 19 de outubro coa comedia teatral “RUNNIG”, que nos achega a historia amorosa Julia e Román, cargada de humor e problemas da vida actual. No escenario, unha actriz e un actor que terán que suar a camisa para poñerse na pel de todas as persoaxes desta comedia vertiginosa.

Para rematar, o sábado 26 de outubro contamos co espectáculo musical dirixido a público familiar “HANSEL E GRETEL”. Tomando como base o conto dos irmáns Grimm faise unha satírica crítica ao capitalismo, o consumo excesivo de bens innecesarios, e o poder da banca. Diferentes niveis de lectura para rapaces e para adultos.