DÍA DA MULLER RURAL 2019

mullerrural2019 

O 15 de outubro celébrase o "DÍA DA MULLER RURAL". Con motivo desta data, o Concello de Viana do Bolo a través do seu Centro de Información á Muller (CIM) organiza unha serie de actividades para tódolos gustos e idades:

Comezamos a fin de semana con teatro de calidade da man da recoñecida compañía ourensá Sarabela Teatro, que nos achega ata Viana o seu espectáculo infantil e familiar "NOA NO ESPELLO".

O domingo contaremos coa música e poesía do compositor, guitarrista, cantante e galego Xoán Curiel, finalista en varias ocasións nos Premios Martín Códax da música.

A programación complétase con contacontos e obradoiros de promoción da igualdade impartidos nos centros de ensino do noso concello.

Non faltedes ás citas desta fin de semana!!