PROGRAMACIÓN 9-10-11 DE AGOSTO

vxostra

Esta fin de semana darán comezo as Festas de Viana. 

Uns días con moitas e moi variadas actividades coma o Maratón de Fútbol Sala "Vila de Viana", o Desfile de Moda de Jorde de Álvarez, a XIV Mostra de Corais organizada polo Orfeón Vianés, o festival musical V Xostra de Viana e as XXXVI Xornadas de Folclore.

Nos vindeiros días iremos ampliando información sobre os diferentes eventos no perfil que o Concello de Viana do Bolo ten en redes sociais. 

Para comezar, aquí vos deixamos o cartel da V Xostra de Viana, obra de David Álvarez González, un dos alumnos do Curso de Deseño Gráfico organizado polo Concello de Viana do Bolo dentro do programa de mocidade "Viana Creando". 

Agradecemos a David e ao resto dos/as alumnos/as do curso o seu esforzo e a súa creatividade á hora de eleborar os seus carteis.

Esperamos que gocedes destos días de festas!!