Cores, Contos e Rock´n´Roll de Pakolas

pakolas2019 

Comezamos un novo curso escolar e que mellor maneira de facelo que coa enerxía e música de Paco Cerdeira, "Pakolas", un dos mellores artistas da escea musical infantil galega e finalista na dos Premios Martín Códax da Música na edición de 2018.

“Cores, Contos e Rock´n´Roll” é un espectáculo onde a interacción coas nenas e nenos, a súa música acompañada por contos, e as cores e debuxos de Laura Romero, quen o acompaña nesta actividade, son o principal atractivo para o público infantil e familiar.

Está baseada no librocd de “Pakolas”: "Cancións para rockear, para soñar e tamén sobre todo, para aprender" que tedes dispoñible na Biblioteca.