SOLICITUDE DE ENTREVISTA CO PRESIDENTE DE ENDESA D. BORJA PRADO EULATE

cartaendesa

FESTA DE NADAL 2018

FESTANADAL2018 

Non vos perdades a divertida e emocionante Festa infantil de Nadal que temos preparada para o domingo 23 de decembro no Pavillón Deportivo Municipal.

Haberá xogos, música, animación, pintacaras, buzón de recollida de cartas e moitas sorpresas máis.

Ademais, contaremos coa presenza do Apalpador e Papá Noel que estarán encantados de atender os desexos dos/as máis cativos/as.

 

 

OBRADOIRO DE DOCES DE CHOCOLATE

obradoirodoceschocolate 

Recordade que quedan poucos días para anotarse no Obradoiro de Doces de Chocolate!! 

Non perdas a oportunidade de pasar unha tarde chea de diversión, creatividade e moito doce!!

ACTIVIDADES DE NADAL: 20-21-22 e 23 de decembro

Achégase o Nadal, unha época chea de maxia e diversión para os/as máis cativos/as da casa. Dende o Concello de Viana do Bolo temos preparadas multitude de actividades para facer deste un Nadal inesquecible.

Comezamos esta semana cunha axenda cargada de actividades dende o xoves ata o domingo:

Así, o xoves 20 de decembro chega ata Viana o espectáculo “Dúas picariñas ourensás”, no que se unen tres referentes da literatura e da música galega. Senén Vaamonde e Alfredo e Manuel, músicos da formación A Roda, ofrecen un concerto didáctico que inclúe panxoliñas e outros poemas de Pura e Dora Vázquez musicados no seu día por Suso Vaamonde. A actividade terá lugar ás 17:00h na Casa da Cultura.

Continuamos co Obradoiros de Doces de Chocolate que terá lugar o venres 21 ás 16:30 h no Concello Vello e que fará as delicias de tódolos/as participantes.

O sábado 22 de decembro terá lugar o espectáculo de música e narración oral “Antía Wamba e o regato pequeno” a cargo da afamada compañía de teatro A Tropa de Trapo, que volve cun novo espectáculo de narración oral e musical no que se nos narra unha fermosa historia onde os protagonistas son Antía, unha nena galega e Wamba un rapaz do Congo. Unha historia para toda a familia na que valores coma o respecto e a solidariedade son os protagonistas.

Para rematar a semana, o domingo 23 de decembro celebraremos unha Gran Festa de Nadal, a partir das 17:00 h no Pavillón Deportivo Municipal. A Festa contará con xogos, música, pintacaras, etc. ... e como ven sendo costume dende vai uns anos, a Festa contará coa presenza do Apalpador e Papá Noel, quenes recollerán as cartas de Nadal e atenderán aos desexos dos/as pequenos/as que se acheguen.

 

PICARIAS 

tropadetrapo

 

 

NADAL CATIVO 2018-2019

nadalcativo2018 

Neste Nadal 2018-2019 o Concello de Viana do Bolo ten preparadas moitas e moi divertidas actividades para os/as máis cativos/as da casa!! 

Ludoteca, Festa de Nadal, Obradoiro de doces de chocolate, monicreques, teatro, cinema, inchables... Un gran número de actividades para que non deixar espazo ao aburrimento. 

Anótate xa a Ludoteca de Nadal e ao Obradoiro de Doces de Chocolate e non quedes sen a túa praza!! 

 

O Apalpador e a nena sen medo

apalpadoreanenasenmedo 

Achégase o Nadal!! Achégase o Apalpador, que trae como cada ano castañas, agasallos e aquelo que non temos.

Por iso a nena lle escribiu unha carta moi especial, pedíndolle o que a ela lle faltaba, o seu desexo: palabras para encher o corazón e coas que poder voar en soños. 

Non vos perdades esta historia chea de maxia e diversión!! 

Subcategorías