DÍA DO ORGULLO LGTBI

DIALGTBI 

Con motivo da celebración o 28 de xuño do Día do Orgullo LGTBI, o Concello de Viana do Bolo e o Centro de Información á Muller (CIM) organizan actividades para conmemorar este día e promover entre a veciñanza vianesa a aceptación da diversidade sexual e a non discriminación. 

O programa comeza co obradoiro "Diversidade sexual na adolescencia", dirixido a parte do alumnado do IES Carlos Casares. A actividade estará impartida pola escritora xuvenil galega Eli Ríos, quen a partir da súa novela "Dx" abordará temas como a diversidade sexual, as relacións consensuadas e o amor na adolescencia... desmentindo e "botando por terra" estereotipos e prexuízos de xénero. 

Para o domingo 23 de xuño contamos coa representación teatral "Elisa e Marcela", que narra a historia de dúas mulleres galegas que se converteron no primeiro matrimonio de persoas do mesmo sexo acontecido en España. A historia, cargada de humor, invítanos a reflexionar sobre os avances acontecidos en torno á aceptación da diversidade de xénero, pero tamén do moito que aínda queda por facer... 

Esperamos a vosa participación!! 

CONVOCATORIA SESIÓN CONSTITUTIVA DA CORPORACIÓN MUNICIPAL E ELECCIÓN DE ALCALDE

EDICTOELECCIONALCALDIA

Plan de Emerxencia da Presa de “ Cenza e Portas”

Plan de Emerxencia da Presa de “ Cenza e Portas”

"VIANA CONTRA O MACHISMO" (Campaña a prol da igualdade de xénero)

viananonmachismo 

O Concello de Viana do Bolo, a través do seu Centro de Información á Muller (CIM), e dentro das medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las cortes e Igualdad, ten previsto levar a cabo durante este mes de xuño a campaña “VIANA CONTRA O MACHISMO”, que busca promover a igualdade entre a veciñanza vianesa

Durante a campaña terán lugar dous obradoiros de sensibilización en igualdade nos centro educativos de primaria e secundaria que chegaran a máis de 100 menores do noso concello.

Ademais, durante todo o mes de xuño terá lugar o reparto de material da campaña “VIANA CONTRA O MACHISMO”. Chapas co logo da campaña e dípticos informativos nos que o obxectivo e implicar a toda a veciñanza vianesa na loita contra o machismo e a violencia machista.

Porque combater o machismo e a violencia machista é cousa de TODAS e TODOS e así o queremos deixar claro durante toda a campaña e durante todo o ano.

 

OBRADOIROS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL (CLASES DE INFORMÁTICA)

DIXITALIZADAS 

O Concello de Viana do Bolo a través do seu Centro de Información á Muller, e en colaboración coa Fundación Mujeres, está a organizar unha serie obradoiros de iniciación e capacitación en informática.

O programa DIXITALIZADAS co que colaboramos oferta alfabetización dixital no ámbito rural a través de 3 obradoiros:

- OBRADOIRO DE HABILIDADES DIXITAIS BÁSICAS

- OBRADOIRO DE HABILIDADES DIXITAIS PARA O EMPREGO

- OBRADOIRO DE HABILIDADES DIXITAIS PARA O EMPRENDEMENTO.

Se estás interesada ou sabes de alguén que o poida estar,ponte en contacto co CIM: 988 329 260

 

XXIX ENCONTRO GALEGO DE MAIORES

Un ano máis o Concello de Viana do Bolo participa no XXIX Encontro Galego de Maiores organizado pola Asoc. Cultural "O Castro" de Baión (Vilanova de Arousa).

Xa está aberto o prazo de inscrición para a reserva de prazas!! 

 

ENCONTROMAIORES2019

Subcategorías